Descrición | O presente volume recolle as contribucións presentadas nas VI Xornadas de Doutorandos do Programa de Doutoramento en Comunicación, un encontro científico que busca dar voz a novos investigadores nun eido tan fundamental para a sociedade do século XXI como é o da Comunicación. Dende perspectivas tan diversas como os documentais de realidade virtual, o subtitulado para xordos ou as estratexias de marketing dixital, os diferentes capítulos abordan o xeito en que a forma de empregar as ferramentas ao noso alcance poden determinar o éxito ou o fracaso na transmisión de calquera mensaxe. |