Secretaría Uvigo

Implementación da política rexional na provincia de Pontevedra mediante o emprego de técnicas estatísticas

portada
CategoríaMonografías. Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais (Banda Vermella)
ISBN/ISSN84-8158-236-0
Número de serie52
Formato17 x 24 cm
Ano de edición2003
Número páxinas108
Prezo12.00 €
Autores Patricio Sánchez Fernández,
Mª Esther López Vizcaino,
Carlos L. Iglesias Patiño
DescriciónA obra ten como obxectivo proporcionar un novo criterio á hora de tomar decisións no eido da política rexional. Con este fin empréganse dúas técnicas estatísticas, a análise factorial e a análise cluster. Ambas se empregan frecuentemente noutros campos científicos e constitúense como dous exemplos de técnicas estatísticas multivariantes.Actualmente, a implementación da política rexional en Galicia baséase en criterios univariantes referidos, fundamentalmente, a algunha macromagnitude económica. O traballo desenvólvese para a provincia de Pontevedra e un total de 39 variables demográficas, laborais, estructurais, fiscais e empresariais que posibilitan o establecemento dunhas pautas de actuación que poden completar axeitadamente as que actualmente se están a levar a cabo. O estudio complétase cun repaso da realidade socioeconómica de provincia, así como cun detalle das principais ferramentas con que conta a política rexional no ámbito estatal e comunitario.
Atrás