Cálculo vectorial e ecuacións diferenciais
| Categoría | Manuais (Banda Verde) |
| ISBN/ISSN | 978-84-8158-405-9 |
| DOI | |
| Número de serie | 39 |
| Formato | 17 x 24 cm |
| Ano de edición | 2008 |
| Número páxinas | 240 |
| Prezo | 12.00 € |
| Autores |
Manuel Besada Moráis, F. Javier García Cutrín, Carmen Vázquez Pampín |
| Descrición | A materia que contén este libro está estructurado en 7 capítulos. Os tres primeiros recollen temas de integración múltiple, integrais de liña e de superficie. Seguen tres capítulos de ecuacións e sistemas de ecuacións diferenciais e un último capítulo sobre a transformada de Laplace como ferramenta auxiliar que permite resolver os problemas máis complexos dos tres capítulos anteriores. Cada capítulo recolle o desenvolvemento teórico axeitado, intercalando os exemplos resoltos que se consideran necesarios tanto para a aclaración dos conceptos estudados como para a resolución dos exercicios que se propoñen a medida que se pechan bloques temáticos. Incluímos tamén en tódolos capítulos algunhas aplicacións básicas e interesantes que relacionan a teoría de cada capítulo coa química ou a física. Dado que na actualidade é bastante habitual traballar cun programa de cálculo científico, tanto nas aplicacións puramente numéricas, como coas posibilidades simbólica e gráfica, ó final de cada capítulo incluímos unha sección dedicada a recoller a explicación do funcionamento das sentenzas de Matlab que se poden usar para cotexar as solucións de parte dos exercicios propostos, así como para resolver outros de máis dificultade, en canto a cálculo se refire. Cada capítulo términa cun índice de resultados dos exercicios propostos. |