Secretaría Uvigo

Formación en xestión administrativa do persoal, preparación contratos, nóminas...

PE-308-26-0034

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes1
Data de comezo da publicación24/11/2026
Data de remate da publicación06/12/2026
EmpresaB-KAIND
Lugar de traballoVigo
Duración264 meses
Remuneración0 €/mes
Número de horas semanais39
Xornada completaNon
HorarioDe luns a xoves de 8:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30; venres de 8:00 a 15:00
FunciónsFormación en:
-Xestión administrativa do persoal e actualización de expedientes
laborais.
-Preparación de contratos, prórrogas e documentación relacionada coa
contratación.
-Elaboración e revisión de nóminas e na identificación de incidencias que
afecten o seu cálculo.
-Preparación de comunicacións e trámites ante a Seguridade Social e o
Servizo Público de Emprego.
-Elaboración e revisión de calendarios laborais, rexistros de xornada e saldos
de descanso.
-Seguimento administrativo de vacacións, permisos, situacións de incapacidade temporal e suspensións por nacemento e coidado do menor.
-Procura e análise inicial de normativa laboral e convenios colectivos.
-Preparación de informes, comunicacións internas e documentación
do departamento de Recursos Humanos.
-Tratamento da documentación e dos datos privados conforme as instrucións
recibidas e ao deber de confidencialidade.

Duración: 264 horas non remuneradas. Posibilidade de ampliar a práctica ata cumprir 750 horas cunha remuneración de 850 € brutos/mes.
CoñecementosDereito do Traballo e da Seguridade Social.
Contratación laboral e xestión administrativa de persoal.
Conceptos básicos de nóminas e cotización á Seguridade Social.
Xornada laboral, calendarios, vacacións, permisos e suspensións do contrato.
Ferramentas ofimáticas, especialmente Excel e Word.
Valoraranse coñecementos de programas de xestión laboral e dos sistemas de tramitación electrónica ante as administracións públicas.
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online.fuvi@uvigo.gal

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás