Secretaría Uvigo

Formación en tarefas de xestión turística e hoteleira, etc.

PE-104-26-0054

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes1
Data de comezo da publicación10/11/2026
Data de remate da publicación07/01/2027
EmpresaPazo da Pena Manzaneda
Lugar de traballoManzaneda
Remuneración850 €/mes
Número de horas semanais40
Número de horas total750
Xornada completaNon
Horario8h/ 2 días descanso
FunciónsFormación na xestión integral da recepción dun hotel boutique rural de 15 habitacións, caracterizado por unha atención personalizada e por un funcionamento polivalente, no que o equipo de recepción constitúe o punto de atención ao hóspede e o núcleo de coordinación da operativa diaria do establecemento.

Apoio na xestión de reservas; atención presencial, telefónica e por correo electrónico; preparación e xestión de entradas e saídas (check-in e check-out); facturación e cobros; atención ás necesidades do hóspede durante toda a estancia e resolución de incidencias; información turística e recomendacións sobre a contorna; preparación, apertura, atención e peche do servizo de almorzos; atención da pequena barra do establecemento; supervisión e atención dos servizos complementarios, como a piscina e, cando estea operativo, o spa; aprendizaxe e realización da visita guiada ao Pazo e atención aos visitantes.

Así mesmo, participación na organización operativa diaria do hotel: control e reposición de stocks, organización de almacéns e lencería, preparación e realización de pedidos, supervisión e posta a punto das zonas comúns e coordinación co departamento de pisos, incluíndo apoio puntual cando as necesidades do establecemento o requiran.
CoñecementosOfimática
Inglés
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Turismo | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online.fuvi@uvigo.gal

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás