Secretaría Uvigo

Formación en automatización e optimización de procesos, IA aplicada al negocio, marketing digital...

PE-204-26-0023

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes1
Data de comezo da publicación22/05/2026
Data de remate da publicación15/06/2026
EmpresaINVERSORITY SL
Lugar de traballoVigo
Remuneración531 €/mes
Número de horas semanais25
Xornada completaNon
HorarioDe luns a venres de 9:30 a 14:30
FunciónsFormación en_
- Automatización e optimización de procesos (aprender como se deseñan automatizacións internas utilizando ferramentas dixitais e de IA, participar na mellora de procesos operativos reais do despacho, coñecer ferramentas como CRM, Notion, n8n e aplicacións de intelixencia artificial, aprender a detectar erros, ineficiencias e oportunidades de mellora e documentar procesos e crear sistemas de traballo máis eficientes.
- Intelixencia artificial aplicada ao negocio (uso práctico de ferramentas de IA xenerativa para mellorar produtividade e procesos, creación de prompts e fluxos de traballo asistidos por IA e aplicación de IA en tarefas de organización, análise e mercadotecnia).
Marketing dixital e growth (entender como funciona un funnel de conversión real, aprender estratexias de captación e automatización de leads, participar en accións de mercadotecnia orgánica e campañas dixitais e analizar métricas e resultados para tomar decisións baseadas en datos).
CoñecementosValorarase:
- Coñecementos básicos de mercadotecnia dixital.
- Utilizar ferramentas como N8N, Notion, ChatGPT, Gemini ou similares.
- Interese por procesos, produtividade e automatización.
- Perfil analítico e resolutivo.
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online.fuvi@uvigo.gal

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás