Secretaría Uvigo

Formación en Prevención de Riscos Laborais (PRL)

PE-312-26-0047

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes1
Data de comezo da publicación17/04/2026
Data de remate da publicación04/05/2026
EmpresaAUTEIMA
Lugar de traballoVigo
Remuneración0 €/mes
Número de horas total264
Xornada completaNon
Horario8 horas de luns a venres
FunciónsPrevención de Riscos Laborais (PRL)

• Apoio na elaboración e revisión de avaliacións de riscos.
• Colaboración na redacción de procedementos de traballo seguro.
• Xestión documental de PRL (entregas de EPIs, formacións, aptitudes médicas, etc.).
• Soporte en coordinación de actividades empresariais (CAE).
• Participación en inspeccións de seguridade en obra ou instalacións.
• Rexistro e seguimento de incidencias e accidentes leves.




Calidade

• Apoio na implantación e mantemento do sistema de calidade (ISO 9001).
• Control e arquivo de documentación do sistema de xestión.
• Colaboración na elaboración de procedementos e instrucións técnicas.
• Apoio en auditorías internas e seguimento de non conformidades.
• Actualización de indicadores de calidade.


Medio

• Apoio na xestión de residuos (rexistro, control e documentación).
• Seguimento de boas prácticas ambientais en obra ou planta.
• Colaboración no cumprimento de requisitos ISO 14001.
• Control documental ambiental (rexistros, autorizacións, etc.).
• Apoio en inspeccións ambientais internas.

Tarefas xerais de soporte

• Organización e arquivo de documentación técnica.
• Control de rexistros e actualización de bases de datos.
• Apoio ao responsable do departamento en tarefas administrativas.
• Preparación de informes básicos e reportes.

Obxectivo

• Comprender o funcionamento dun sistema integrado de xestión (PRL, Calidade e Medio).
• Adquirir experiencia en contorna real de obra/industria.
• Familiarizarse con normativa e documentación técnica.
• Desenvolver capacidade de análise de riscos e mellora continua.
• Gañar autonomía progresiva en xestión documental e soporte técnico.
CoñecementosCoñecementos técnicos:

• Nocións de Prevención de Riscos Laborais (seguridade en obra e industria).
• Coñecementos básicos de normativa:
• PRL (Lei 31/1995 e normativa asociada).
• Sistemas de xestión de calidade (ISO 9001).
• Sistemas de xestión ambiental (ISO 14001).
• Valorable ISO 45001 (seguridade e saúde).
• Identificación de riscos laborais básicos.
• Xestión de residuos e boas prácticas ambientais.
• Documentación de coordinación de actividades empresariais (CAE).
• Conceptos básicos de auditorías e inspeccións.
• Paquete Office (Excel e Word especialmente).

a partir das 264 horas as prácticas pasan a ser remuneradas ata rematar as 750 horas
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online.fuvi@uvigo.gal

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás