Secretaría Uvigo

Formación en elaboración de informes técnicos de reparacións, ...

PE-312-26-0036

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes1
Data de comezo da publicación12/03/2026
Data de remate da publicación31/03/2026
EmpresaFinanzauto
Lugar de traballoVigo
Remuneración850 €/mes
Número de horas total400
Xornada completaSi
Horariode luns a xoves de 8:00 a 17:00 con unha hora para comer e venres de 8:00 a 15:00 horas
FunciónsFormación en:
Elaboración de informes técnicos de reparacións, colaborando na recompilación e análise de información técnica, documentación fotográfica, investigación básica de avarías e redacción de incidencias baixo supervisión.
Colaboración na creación, actualización e mantemento da base de datos de informes técnicos e rexistros fotográficos de reparacións.
Axuda no seguimento da produción en campo, proporcionando asistencia técnica básica aos operarios para contribuír á optimización de procesos e redución de tempos de espera.
Colaborar nas consultas técnicas ao departamento de enxeñería como parte do proceso de aprendizaxe e resolución de incidencias.
Dar soporte na procura de repostos discontinuados ou dispoñibles no mercado mediante a consulta a provedores externos.
Implicación na xestión e seguimento de ferramentas enviadas ao estranxeiro, contribuíndo á recuperación e dispoñibilidade de recursos propios no menor prazo posible.
Apoio directo ao xefe de taller en tarefas operativas e de coordinación diaria.
Asistencia ao xefe de taller/centro na planificación e preparación de reparacións, colaborando na revisión de repostos necesarios, verificación de dispoñibilidade e coordinación de tempos de execución.
Participación na xestión loxística asociada ás intervencións, axudando a asegurar que materiais, recursos e ferramentas estean dispoñibles no momento adecuado para mellorar a eficiencia operativa.
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Enxeñaría Mecánica | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • PCEO Grao en Enxeñaría Mecánica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online.fuvi@uvigo.gal

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás