TITULADO/A Grao Enxeñaria Electrónica Industrial e Automática
PCT-2025-00018
| Tipo convocatoria | Prácticas Titulados/as |
| Número vacantes | 1 |
| Data de comezo da publicación | 06/10/2025 |
| Data de remate da publicación | 20/10/2025 |
| Empresa | TRIVIUM PACKAGING |
| Lugar de traballo | Meis |
| Duración | 9 meses |
| Remuneración | 950 €/mes |
| Número de horas semanais | 40 |
| Xornada completa | Si |
| Horario | 8 horas diarias de luns a venres |
| Funcións | Formación en: 1. Procesos loxísticos: Colaboración na organización de bordos de liña, xestión de fluxos de materiais dentro da fábrica. Introdución e seguimento de sistemas Kanban para a mellora do fluxo de traballo e a reposición de materiais. 2. Procesos de calidade: Participación en procesos preventivos para evitar a non calidade. Apoio na execución de accións correctivas derivadas de incidencias de calidade. 3. Dixitalización de procesos: Colaboración na dixitalización de documentación en sistemas dixitais corporativos. 4. Soporte en actividades de CI e HSE. Actividades de 5S e auditorías internas para a mellora da contorna de traballo. Accións de mellora continua e de avaliacións de risco e outras actividades relacionadas con HSE. |
| Destinatarios(So estudantes da Universidade de Vigo) |
|
| Documentación a presentar | Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico |
| Lugar de presentación da documentación |
Por e-mail a practicas.online.fuvi@uvigo.gal
Por correo postal ou en man en
|