Secretaría Uvigo

Formación en áreas de PyG, balances, contas anuais, impostos, sociedades auditadas...

PE-303-25-0102

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes5
Data de comezo da publicación12/09/2025
Data de remate da publicación30/09/2025
EmpresaPricewaterhousecoopers Auditores S.L.
Lugar de traballoVigo
Duración5 meses
Remuneración850 €/mes
Número de horas semanais40
Xornada completaSi
HorarioXornada de 8 horas de luns a venres
FunciónsFormación en áreas de PyG, balances, contas anuais, impostos, sociedades auditadas...
- Realización de probas sustantivas enfocadas en áreas de PyG así como aquelas partidas de Balance con menos complexidade (Tesourería, Servizos Exteriores, Inmobilizado Material, Patrimonio Neto ou Débeda Financeira).
- Revisión analítica dos epígrafes de Contas Anuais.
- Documentación de facturas e contratos relevantes.
- Elaboración das instrucións dos inventarios das distintas sociedades.
- Apoio en probas de control: Axudar na execución de probas de control interno para avaliar a eficacia dos procesos.
- Documentación de procesos: Axudar na documentación de procedementos de auditoría e achados, asegurando que todos os pasos estean debidamente rexistrados.
- Revisión de Cumprimento Normativo: Axudar a verificar que a empresa cumpra coas normativas e regulacións sobre as que se formulan as contas anuais.
- Cadre de impostos presentación con contabilidade.
- Lectura de contratos relevantes e actas de órganos de goberno.
- Enfoque de riscos das sociedades auditadas.
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Economía | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Dereito | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Máster Universitario en Economía | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online.fuvi@uvigo.gal

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás