Secretaría Uvigo

Formación práctica en xestión turística

PE-104-24-0059

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes1
Data de comezo da publicación12/11/2024
Data de remate da publicación07/01/2025
EmpresaCABANA RENTALS
Lugar de traballoPontevedra-Telemática
Remuneración432 €/mes
Número de horas semanais20
Número de horas total750
Xornada completaNon
Horario4h (10-14h ou 16-20h)
FunciónsFormación práctica en xestión turística
CoñecementosCoñecementos básicos de xestión turística: comprensión da dinámica do sector, xestión de reservas, experiencia en atención ao cliente e coñecemento de plataformas de aluguer vacacional (p. ex., Airbnb, Booking.com).
Uso de ferramentas dixitais: Experiencia con aplicacións ofimáticas (Microsoft Excel, Word) e preferentemente con sistemas de xestión de reservas ou CRM.
Habilidades de comunicación e atención ao cliente: Capacidade para comunicarse con claridade e eficacia, ofrecendo unha experiencia positiva e resolvendo as preguntas dos hóspedes con amabilidade.
Actitude proactiva e ganas de aprender: Buscamos alguén que non teña medo de facer preguntas e propoñer solucións. Toma a iniciativa para mellorar a experiencia dos hóspedes e contribuír ao equipo.
Capacidade para traballar en equipo: Boas habilidades interpersoais e disposición para colaborar con diferentes áreas da empresa, como operacións, marketing e administración.
Organización e capacidade para xestionar múltiples tarefas: Capacidade para traballar nun ambiente dinámico e xestionar varias responsabilidades ao mesmo tempo, como coordinar reservas e xestionar a comunicación cos clientes.
Nivel intermedio de inglés (valoraranse outros idiomas): importante para facilitar a comunicación cos hóspedes internacionais e mellorar a experiencia do cliente.
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online.fuvi@uvigo.gal

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás