Secretaría Uvigo

Formación en realización de procesos de selección, contratos...

PE-308-24-0006

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes1
Data de comezo da publicación01/03/2024
Data de remate da publicación10/03/2024
EmpresaANFACO-CECOPESCA
Lugar de traballoVigo
Duración3 meses
RemuneraciónNon remunerada
Número de horas semanais40
Número de horas total528
Xornada completaSi
HorarioDe luns a venres 8 horas diarias
FunciónsFormación en:
1. Realización de procesos de selección: desde a fase de toma de requirimentos do perfil, recrutamento e realización de entrevistas ata a aplicación de probas específicas de selección de persoal.
2. Xestionar onboarding de novas incorporacións, aplicando as normas de calidade internas de xestión
3. Realizar contratos, aplicando a normativa actual, altas e baixas en seguridade social a través do sistema REDE
4. Xestionar absentismos, ausencias e permisos para preparar nóminas mensuais; así como para alimentar os reports para dar seguimento aos KPIs de xestión de persoas.
5. Execución do plan de formación interno: contacto con provedores de formación, alta de accións formativas no aplicativo da FUNDAE e a súa correspondente xustificación.
CoñecementosValorarase formación en asesoría xurídico-laboral, xestión e servizos de recursos humanos, contratación Seguridade Social e Nóminas.
Excel, M365 e ferramentas colaborativas (OneDrive).
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online@fundacionuvigo.es

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás