Secretaría Uvigo

Apoio no desenvolvemento ou aplicación de técnicas englobadas dentro do campo da estatística ou Machine Learning, relacionadas tanto co análise supervisado como co non supervisado.

PE-305-18-0107

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes1
Data de comezo da publicación22/10/2018
Data de remate da publicación09/11/2018
EmpresaGRADIANT
Lugar de traballoVigo
Duración6 meses
Remuneración655 €/mes
Número de horas semanais40
Xornada completaSi
HorarioDe luns a venres 8 horas diarias
FunciónsApoio ao laboratorio de Ciberseguridade que comparte Gradiant co Centro de I+D de ElevenPaths (Telefónica) en Galicia no desenvolvemento ou aplicación de técnicas englobadas dentro do campo da estatística ou Machine Learning, relacionadas tanto co análise supervisado como co non supervisado. Debido ao gran volume de datos rexistrados polas plataformas utilizadas neste escenarios, a práctica enfocarase e planificarase tendo en conta a escalabilidade necesaria asociada a un desenvolvemento Big Data.
CoñecementosProgramación (R e/ou Python) e análise de datos.
Valoraranse coñecementos de Machine Learning, Deep Learning, Estatística aplicada ou análise numérico.
Valorarase especial interese polo mundo da ciberseguridade e ferramentas de análise de datos (ELK, Scala, Spark, Splunk)
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Máster Universitario en Técnicas Estatísticas | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Máster Universitario en Matemática Industrial | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Enxeñaría Informática | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Máster Universitario en Enxeñaría Informática | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online@fundacionuvigo.es

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás