Secretaría Uvigo

REGULAMENTO DE SIMULTANEIDADE DE ESTUDOS OFICIAIS NA UNIVERSIDADE DE VIGO

EstadoValidada
TipoRegulamento
RangoUniversidade de Vigo
ServizoVicerreitoría de Oferta Académica
Categorias Ordenación académica
DescriciónA Universidade de Vigo, no ámbito da súa autonomía, organiza e oferta
programas académicos de simultaneidade de dobres titulacións cun itinerario específico,
que dan lugar á obtención, se son superadas todas as materias que o configuran, de cada
un dos títulos universitarios oficiais que o conforman. Así, e tendo en conta o artigo 24 do
Real decreto 822/2021, estes programas baséanse na construción dun proxecto
formativo común de dúas titulacións diferenciadas que teñan coherencia académica e
reforcen a formación integral do estudantado. Para isto, estes programas de dobres
titulacións articúlanse mediante o establecemento dun itinerario específico a partir das
materias que se consideran esenciais dos respectivos plans de estudos de cada un dos
títulos implicados, plasmando o proxecto formativo nun plan de estudos de dobre
titulación.
Polo tanto, cómpre regulamentar a simultaneidade de ensinanzas universitarias oficiais
non incluídas no parágrafo anterior, de acordo co establecido no artigo 2.4 da Normativa
de permanencia e progreso nas titulacións oficiais.
Destinatarios Toda a comunidade universitaria
Documentos
Publicacións en diarios
Taboleiro electrónico Universidade de Vigo Uvigo - 28/07/2026
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=53290361
Atrás