Secretaría Uvigo

Instrución sobre a xestión dos contratos de estudos do estudantado participante en programas de mobilidade internacional durante o curso 2026-2027

EstadoValidada
TipoInstrución
RangoUniversidade de Vigo
ServizoVicerreitoría de Internacionalización
Categorias Administración e xestión
Estudantes
DescriciónEsta instrución ten por finalidade regular a creación, elaboración, aprobación e seguimento dos contratos de estudos do estudantado que participe nunha actividade de mobilidade internacional durante o curso 2026-2027, no marco dos programas Erasmus+, ISEP, GE4, Bolsas propias, libre mobilidade.
ObservaciónsNo marco do proceso de dixitalización do programa Erasmus+, a Universidade de Vigo utiliza o aplicativo MoveOn para xestionar os procesos de mobilidade internacional, e que permite a creación dos contratos de estudos a través da ferramenta OLA. Porén, a OLA está limitada ao programa Erasmus+ e MoveOn non permite a vinculación dos contratos co aplicativo de xestión académica da UVigo.
Neste contexto, publícase esta instrución para establecer un procedemento de xestión para a creación, aprobación, modificacións e rexistro en SIGMA dos diferentes contratos de estudos que cumpra realizar no curso 2026-2027.
Destinatarios Persoal Docente e Investigador
Persoal de Administración e Servizos
Estudantes
Documentos
Publicacións en diarios
Taboleiro electrónico Universidade de Vigo Uvigo - 29/05/2026
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=7A880CBEE6D08BE9524CDBCEC09A8F6A?idtaskdata=51677836
Atrás