Secretaría Uvigo

Normativa de recoñecemento de créditos nas titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo pola participación estudantil en actividades universitarias

EstadoValidada
TipoNormativa
RangoUniversidade de Vigo
ServizoVicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Categorias Estudantes
DescriciónA presente normativa ten por obxecto regular o recoñecemento académico da participación do estudantado da Universidade de Vigo en actividades universitarias.

Son actividades universitarias susceptibles de recoñecemento as de carácter cultural, deportivo, de representación estudantil, solidario e de cooperación, de asociacionismo universitario, de mentoría, de aprendizaxe-servizo, de ciencia cidadá, de creación de novas iniciativas sociais e empresariais, así como outras actividades académicas que, con carácter docente, organice a universidade, sempre que contribúan ao desenvolvemento persoal e á formación integral do estudantado de xeito complementario aos seus estudos.
ObservaciónsAprobada en Consello de Goberno do 28.10.2025
Destinatarios Estudantes
Documentos
Publicacións en diarios
Taboleiro electrónico Universidade de Vigo Uvigo - 29/10/2025
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=47074118
Normativas relacionadas
Deroga a: Regulamento de recoñecemento de créditos por realizar actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación (C.G. 10/10/2016)
Atrás