Secretaría Uvigo

REGULAMENTO DE MOBILIDADE INTERNACIONAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO

EstadoValidada
TipoRegulamento
RangoUniversidade de Vigo
ServizoVicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Categorias Organización da Universidade
DescriciónA Universidade de Vigo defínese como unha universidade con vocación internacional, polo que debe facilitarlles aos seus membros a posibilidade de realizar parte dos seus estudos ou do seu traballo nunha institución de ensino superior estranxeira como instrumento básico para a inmersión destes na cultura da internacionalización, así como garantir o pleno recoñecemento destas actividades. Do mesmo xeito, a Universidade de Vigo debe ofrecer as condicións máis axeitadas para atraer os e as mellores estudantes, o mellor persoal docente e investigador, e o mellor persoal de administración e servizos independentemente da súa orixe xeográfica, de xeito que poidan desenvolver parte da súa formación superior ou do seu traballo na nosa Universidade ó mesmo tempo que contribúen á internacionalización do resto dos membros da comunidade universitaria.

O presente regulamento ten como obxectivo potenciar a mobilidade internacional dos membros da comunidade universitaria, así como calquera outra actividade vinculada á mobilidade que fomente a internacionalización destes, mediante a creación dun marco normativo de referencia que garanta dereitos e deberes, e que facilite a necesaria coordinación de todos os axentes involucrados, nomeadamente o estudantado, o persoal docente e investigador e o persoal de administración e servizos.
Destinatarios Toda a comunidade universitaria
Documentos
Atrás