Normativa de suspensión e extinción de estudos de posgrao
Estado | Validada |
Tipo | Acordo |
Rango | Universidade de Vigo |
Servizo | Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao |
Categorias | Ordenación académica |
Descrición | Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro “por el que se establece la ordenación de las enseñanzas universitarias oficiales” dispón que os planos de estudos conducentes á obtención dun título de Mestrado Universitario , que Terán entre 60 e 120 créditos, serán elaborados polas universidades e verificadas polo Consello de universidades. Estes títulos oficiais serán sometidos a un procedemento de avaliación cada seis anos a contar dende a data do seu Rexistro no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) , co fin de manter a súa acreditación. No caso de que a avaliación sexa negativa e as deficiencias atopadas non sexan subsanadas pola Universidade, o título causará baixa no RUCT e perderá o seu carácter oficial e a súa validez en todo o territorio nacional. Adicionalmente, a universidade en exercicio da súa autonomía pode acordar a extinción dun título de mestrado por causas debidamente xustificadas. Nos supostos de suspensión ou revogación dun título as universidades están obrigadas a garantir o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciaron os seus estudantes ata a súa finalización. De acordo co anterior é necesario que a Universidade de Vigo dispoña dun regulamente que estableza o procedemento de suspensión e extinción dunha titulación así como que garanta que os estudantes matriculados con anterioridade ao acordo de suspensión ou extinción podan rematar os estudos iniciados. |
Destinatarios |
Toda a comunidade universitaria |
Documentos | |