Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Proposta de necesidade para abordar en proxecto APS
A ApS é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e servizo á comunidade nun só proxecto, no cal as persoas participantes se forman traballando sobre necesidades reais da contorna co obxectivo de mellorala.
Se representas a un colectivo, entidade, asociación, ONGD, ou institución pública podes presentar unha proposta de necesidades para que esta poida ser obxecto dun proxecto ApS.
Lembra que as propostas de necesidades deben estar dirixidas principalmente a persoas ou colectivos en situación ou risco de vulnerabilidade social. Tamén poden ser destinatarios do servizo as entidades ou institucións que teñan como finalidade conseguir o interese xeral ou comunitario.
Se ese é o caso te animamos a que presentes unha proposta de necesidade a través deste formulario.
Estas propostas serán postas en común co profesorado nas xornadas APS da Universidade de Vigo que se desenvolverán o día 22 e o 26 de abril de 2021.
Datos de contacto
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización,
direc.rsco@uvigo.es
130261