Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

FFT - Modificacións nas guías docentes

APLICACIÓN DA INSTRUCIÓN DA VICERREITORÍA DE ORDENACIÓN ACADÉMICA E PROFESORADO 2/2020, DO 30 DE MARZO DE 2020, SOBRE ACTIVIDADE DOCENTE DURANTE O PERÍODO DE PECHE DE CENTROS DEBIDO AO COVID-19

IMPORTANTE: O texto que admiten as caixas de texto é limitado, asegúrese de que aparece todo o texto no paso de revisión do contido. Se as modificacións necesitan máis espazo que o que ofrecen as caixas de texto, pode subir un ficheiro con todas as modificacións neste formato. Se ten algunha dúbida contacte con fft.secretari@uvigo.es

Lea con atención a INSTRUCIÓN DA VICERREITORÍA DE ORDENACIÓN ACADÉMICA E PROFESORADO 2/2020, DO 30 DE MARZO DE 2020, SOBRE ACTIVIDADE DOCENTE DURANTE O PERÍODO DE PECHE DE CENTROS DEBIDO AO COVID-19

 

3. Guías docentes.

3.1. O profesorado coordinador de cada materia poderá facer as adaptacións que considere oportunas na guía docente, de común acordo co resto do profesorado da materia. Ditas modificacións deberán ser as mínimas posibles para adaptar as guías docentes á situación de non presencialidade, non deberán entrar en contradición co reflexado na memoria da titulación, e deberán reflexarse como un documento anexo ás guías docentes aprobadas.

3.2. Dado que na situación actual, a causa de problemas de conciliación e/ou conectividade, debe facilitarse ao máximo a organización do traballo de forma autónoma por parte do alumnado, as modificacións das guías docentes deberán eliminar a valoración da asistencia a clase como criterio de avaliación e deberase complementar o apartado de bibliografía con aquela que axude á autoaprendizaxe da materia.

3.3. Calquera modificación das guías docentes deberá ser comunicada a todo o alumnado da materia correspondente, así como ao decanato ou dirección do Centro e do Departamento.

3.4. O profesorado poderá comezar a seguir as guías docentes modificadas sen necesidade de esperar a que sexan aprobadas polos centro, unha vez que os decanatos ou direccións comproben que non incumpren a memoria da titulación. Así mesmo, os decanatos ou direccións estableceran o procedemento e prazos pertinentes para que estas modificacións sexan ratificadas posteriormente polo órgano correspondente dos centros.

3.5. Os decanatos e direccións de Centros deberán velar por unha adecuada coordinación das actividades de docentes, tendo competencias para redefinir os calendarios e programación das probas de avaliación continua do alumando, en coordinación cos profesores responsables de cada materia.

4. Actividades de avaliación.

4.1. O profesorado coordinador de cada materia poderá, de común acordo co resto do profesorado da materia, facer as adaptacións que consideren oportunas nas actividades de avaliación continua previstas, para adecualas á situación de non presencialidade. Ditas modificacións deberán quedar reflexadas no anexo á guía docente da materia.

4.2. No caso de que sexa necesaria a realización de exames finais en modalidade virtual, se ditará a oportuna resolución reitoral ao respecto.


Datos de contacto
Secretario da Facultade de Filoloxía e Tradución
miguel.cuevas@uvigo.es
986812251