Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Solicitude de recoñecemento de actividade formativa coma Formación Permanente do Profesorado

Área de Formación e Innovación Educativa | eafp.innovacion@uvigo.es | 986 812 035

SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO DE ACTIVIDADES FORMATIVAS COMA FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO

A Área de Formación e Innovación Educativa tenta cubrir as necesidades formativas básicas do profesorado, mais é consciente de que non pode abarcar todas as competencias que abranguen a docencia universitaria. Por este motivo recoñecerá coma formación permanente do profesorado as actividades formativas que se desenvolvan nas facultades, escolas, institutos ou órganos da Universidade de Vigo e que teñan relación coas competencias docentes do profesorado universitario.

 

REQUISITOS

  • A temática da formación ten que estar relacionada coas competencias docentes do profesorado universitario.
  • O recoñecemento tense que solicitar polo menos dous meses antes de que se realice a actividade.
  • A actividade será financiada polos organismos promotores da actividade.
  • O número mínimo de horas recoñecidas para cada actividade de formación será de 8 horas e o número máximo será de 25 horas.
  • Quedan excluídos desta modalidade os congresos e xornadas de difusión de coñecemento agás aquelas especificamente relacionadas coa formación docente.
  • Estas actividades formativas so se lle recoñecerán ao profesorado da Universidade de Vigo.
  • A actividade formativa ten que estar orientada ao profesorado da Universidade de Vigo cun número mínimo de participantes de 15 docentes.
  • Coordinación da actividade:
    • A actividade formativa ten que estar coordinada por só unha persoa.
    • Esta función será acreditada cun diploma.
    • Esta persoa velará pola protección de datos das persoas participantes na formación.
  • O profesorado das actividades formativas recibirá un diploma acreditativo que será incompatible co diploma de participación.

 

PROCEDEMENTO

  • Cubrirase este formulario.
  • Recibirá a recepción da proposta.
  • A proposta será avaliada pola Comisión de Estudos Propios (CEP).
  • Comunicaráselle a aceptación/rexeitamento da proposta.
  • Ao finalizar a actividade formativa a persoa que coordine a actividade presentará a memoria da actividade e a listaxe de asistentes á Área de Formación e Innovación Educativa. Os documentos descargaranse na seguinte ligazón  (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/2921) e despois de cubrilos e asinalos dixitalmente engadiranse ao formulario xunto coa listaxe de asistentes.
  • Despois de que se verifique a información aportada na memoria habilitarase unha enquisa de avaliación e prepararanse os diplomas para descargar desde a plataforma Moovi. 

Se ten algunha dúbida pode poñerse en contacto co Área de Formación e Innovación Educativa (eafp.innovacion@uvigo.es/986 812 035).


Datos de contacto
Área de Formación e Innovación Educativa
eafp.innovacion@uvigo.gal
986812035