Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Propostas de actividades formativas para o Programa de Formación Permanente do Profesorado
O PDI da Universidade de Vigo ten unha triple función na Universidade: ensinar, investigar e xestionar. Pola súas complexas atribucións precisa que a súa formación sexa moi completa e estea moi actualizada. O eixo da formación do PDI céntrase nas competencias docentes, como o dominio das metodoloxías, a planificación das materias, mellora da comunicación, emprego da motivación, desenvolver a súa labor titorial ou poñer en práctica diferentes tipos de avaliación.
Persoas destinatarias:
- O Programa de Formación Permanente do Profesorado está destinado a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo con carga docente e dependendo a temática do curso terán preferencia perfís determinados.
- No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
A información distribuirase por correo electrónico nas listas de «formacionprofesoradouvigo», «pdi» e «avisos» , pola aplicación de Uvigo! da Universidade de Vigo e polo Twitter, Instagram e Linkedin do Centro de Posgrao e Formación Permanente.
Cada unha das actividades formativas recibirá a acreditación da Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente.
Datos de contacto
Área de Formación e Innovación Educativa
cpfp.innovacion@uvigo.gal
986 812 035