Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Portas Abertas do Campus de Pontevedra 26 xaneiro/7 abril

Formulario para a solicitude de asistencia nas Xornadas de Portas Abertas no Campus de Pontevedra.

Actividade dirixida a centros educativos de Galicia con alumnado de Bacharelato e ciclos superiores de FP que desexen coñecer en primeira persoa a oferta académica e as infraestruturas da Universidade de Vigo, en particular do Campus de Pontevedra. Cada centro educativo poderá solicituar unha das dúas datas nas que se celebra esta actividade: 26 de xaneiro ou 7 de abril de 2027.

PROGRAMA. 26 de xaneiro e 7 de abril. (VISITAS AO CAMPUS POR ITINERARIOS ACADÉMICOS)

09.30 a 10.00 h Recepción centros participantes

10.00 a 10.15 h Benvida

10.30 a 13.00 h Visitas ás Facultades e Escolas.

  • Ámbito humanístico: Belas Artes e Deseño.
  • Ámbito tecnolóxico: Enxeñaría Forestal.
  • Ámbito de educación: Educación Infantil, Educación Primaria, Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
  • Ámbito de ciencias sociais: Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas, Dirección e Xestión Pública.
  • Ámbito de ciencias da saúde: Fisioterapia e Enfermaría.

13.00 h Fin da xornada


Datos de contacto
Captación de alumnado
tecnica.captacion@uvigo.gal
986 130 270