Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Xornadas de Portas Abertas a centros da Uvigo 2026/2027. Campus de Vigo (abril 2027)
Destinatarios: Actividade dirixida ao alumnado de 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior, co obxectivo de achegar a realidade universitaria da Universidade de Vigo ás futuras persoas estudantes.
Obxectivo: Dar a coñecer o Campus de Vigo, a súa oferta académica, os servizos universitarios e a vida no campus, así como facilitar a orientación académica do alumnado mediante visitas ás diferentes facultades e escolas.
Solicitude e desenvolvemento das xornadas: Os centros de educación secundaria interesados poderán solicitar a súa participación a través deste formulario antes do 12 de xaneiro de 2027, indicando unha data de preferencia entre as opcións ofertadas, previstas entre os días 5 e 9 de abril de 2027.
As xornadas terán unha duración aproximada de 3 horas, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e incluirán unha presentación xeral da Universidade de Vigo e visitas académicas ás facultades e escolas do Campus de Vigo. A asignación definitiva das datas realizarase en función da dispoñibilidade organizativa e do número de solicitudes recibidas.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de xaneiro de 2027.
De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. En calquera momento poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposicion e cancelación mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos.
Datos de contacto
SIE - Sección de Información ao Estudante
sie@uvigo.gal
986 812693