Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Convocatoria | Seducindo con ciencias - Expresións de interese para o 26 novembro en Vigo
A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+I) publica esta convocatoria para recoller expresións de interese do persoal investigador da UVigo que desexe participar na primeira edición do speed dating divulgativo 'Seducindo con ciencias'. A iniciativa, que se enmarca na celebración do Mes da Ciencia en Galego, terá lugar o xoves 26 de novembro en Vigo (horario pendente de confirmar). A proposta consistirá nunha dinámica de encontros breves entre persoas investigadoras de diferentes ámbitos que fan ciencia en galego e público xeral (persoas adultas maiores de 14 anos).
Esta acción forma parte do Plan de ciencia de ida e volta 2026-2027, que conta co financiamento da FECYT- Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
A información recollida neste formulario axudaranos a valorar a resposta da comunidade investigadora e a dimensionar e concretar a organización da actividade. Esta expresión de interese non implica un compromiso definitivo de participación. O horario, o formato final e os detalles organizativos comunicaranse posteriormente.
Por favor, enche este formulario antes do 30 de outubro e proporciona todos os datos que se solicitan.
--
Os datos deste formulario son recollidos e tratados pola Unidade de Cultura Científica que os utilizará para os fins recollidos na convocatoria.
Máis información sobre protección de datos e dereitos dixitais:
- Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais
- Información sobre protección de datos da Universidade de Vigo https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Datos de contacto
Unidade de Cultura Científica e da Innovación - UCC+i
ucc@uvigo.es
986 130 263