Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Inscrición nas Xornadas de asesoramento para persoal de orientación - curso 2026/2027
Neste formulario podes inscribir a túa asistencia nas xornadas de orientación da UVigo (Ourense, Pontevedra e Vigo)
Destinatarios: Actividade dirixida ao persoal de orientación dos centros de Educación Secundaria de 4º da ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao superior, co fin de achegar información sobre as posibles novidades sobre a PAU, o proceso de preinscrición, admisión e matrícula así como a oferta académica e vida universitaria da Universidade de Vigo.
Obxectivo: Dar a coñecer a Universidade de Vigo, a súa organización, os servizos e recursos que lle ofrece ao estudantado, así como a súa vida universitaria.
Solicitude e desenvolvemento das xornadas: As persoas dos centros de educación secundaria con interese por participar nas xornadas poderán inscribirse, a través deste formulario, ata 15 días antes da data indicada para a realización da actividade en cada un dos campus. Terán lugar no mes de xaneiro; o mércores 20 no Campus de Ourense, o xoves 21 no Campus de Pontevedra e o venres 22 no Campus de Vigo.
Datos de contacto
SIE
sie@uvigo.gal
986 813 755