Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Solicitude de charlas de orientación xeral da Uvigo 2026/2027

Formulario para solicitar unha charla de orientación xeral da Universidade de Vigo
Destinatarios: Actividade dirixida ao estudantado de Educación Secundaria de 4º da ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao superior, co fin de achegar información de interese para a toma de decisións sobre o seu futuro académico e dar a coñecer as principais características da Universidade de Vigo.
 
Obxectivo: Dar a coñecer a Universidade de Vigo, a súa organización, os servizos e recursos que ofrece ao estudantado, así como os aspectos básicos da vida universitaria.

Solicitude e desenvolvemento das charlas: Os centros de educación secundaria poderán inscribirse, a través deste formulario, ata 20 días antes da data solicitada para a realización da actividade sendo a data límite para o envío de solicitudes o martes 12 de xaneiro 2027. As charlas, cunha duración dunha hora, desenvolveranse de luns a venres entre os meses de novembro e abril. 

 

Máis información


Datos de contacto
SIE de VIgo
sie@uvigo.gal
986813630