Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Enquisa de rexistro de persoas formadoras da Área de Formación e Innovación Educativa
Desde a Vicerreitoría de Docencia e Transformación Educativa queremos identificar persoas da comunidade universitaria que desexen colaborar como formadoras nas actividades dirixidas ao persoal docente e investigador.
Este rexistro ten como finalidade facilitar a planificación das accións formativas, identificar áreas de especialización e favorecer a participación de profesionais con experiencia contrastada nos diferentes ámbitos da docencia universitaria.
A incorporación ao rexistro non implica a asignación automática de actividades formativas. A selección das persoas formadoras realizarase en función das necesidades da programación anual, da adecuación do perfil á actividade e doutros criterios organizativos.
Grazas pola túa colaboración.
Datos de contacto
Área de Formación e Innovación Educativa
cpfp.innovacion@uvigo.gal
986 812 035