Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Solicitude de reserva de espazos dos edificios Miralles e Ernestina Otero e do Teatro Vidal Bolaño
A través do seguinte formulario, a comunidade universitaria poderá reservar as salas 1 e 2 do edificio Miralles (salas 1 e 2), a sala Manolo Ramos e o Paraninfo do edificio Ernestina Otero e o Teatro Vidal Bolaño.
A xestión dos espazos nas facultades e nas escolas tramitarase directamente coa dirección ou co decanato do centro.
As persoas físicas ou xurídicas alleas á Universidade de Vigo deberán presentar a súa solicitude de uso de espazos a través doutro formulario.
No caso de querer organizar calquera evento ou actividade que implique o uso dos espazos exteriores dun campus, deberá informar as vicerreitorías do campus de Ourense ou de Pontevedra, segundo corresponda, por medio do correo electrónico vicou@uvigo.gal ou vic.pon@uvigo.gal. No caso do campus de Vigo, pode dirixir a súa mensaxe a seg.reitoria@uvigo.gal.
Na seguinte ligazón atopará información sobre os distintos espazos (capacidade, dispoñibilidade, horarios etc.).
Datos de contacto
Equipo de apoio ao grupo de goberno
seg.reitoria@uvigo.gal
986 813 618