Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
VIII Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo
Procedemento:
-Cubrir este formulario-solicitude. Unha vez cumprimentado, premer no botón "Imprimir PDF", descargar o formulario cuberto e asinalo con certificado dixital. Este será o documento que se presentará na sede electrónica, segundo as indicacións do seguinte paso.
-Dentro do prazo de solicitudes (dende 00:00 horas do día 15 de xullo de 2026 ata as 23:59 horas do día 31 de xullode 2026), acceder á sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), elixindo o procedemento “VIII Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo”. Despois de ler a información deberase premer no botón “INICIAR TRAMITACIÓN”. No campo "Documentación" engadirase o documento PDF xerado. De seguido, premer en "enviar solicitude".
O "xustificante de presentación en sede" xerado inclúe a ligazón e o contrasinal de acceso que se precisará para cargar o traballo ou mérito que se presenta á convocatoria. Dito arquivo co traballo ou mérito debe nomearse co número de xustificante de presentación na sede e seguirá o modelo Anexo I que acompaña á convocatoria.
Información básica sobre a protección dos seus datos.-
Responsable: Universidade de Vigo
Finalidade: xestionar a convocatoria “VII Edición dos premios de investigación, transferencia e divulgación científica do Campus Auga da Universidade de Vigo”.
Lexitimación: artigo 6.1e) do RXPD, o tratamento dos datos é necesario para o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento, con base na Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario.
Cesións: o nome, DNI e datos bancarios das persoas autoras dos méritos premiados nas categorías A e E serán comunicados a Viaqua, S.A.U., co fin de que faga efectivo o importe dos Premios, tal como se establece na base segunda.
Dereitos: as persoas interesadas poderán exercitar os seguintes dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e, no seu caso, portabilidade dos datos.
Procedencia da información: a propia persoa interesada ou o seu representante legal.
Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Datos de contacto
Vicerreitoría do Campus de Ourense
vicou@uvigo.gal
988387300