Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Formulario de inscrición | GALA PUM 2026

Formulario de inscrición | GALA PUM 2026. V Plan Ciencia de Ida e Volta

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo ten a honra de convidarlle á
Gala de embaixadoras e embaixadores da ciencia e do coñecemento,
un encontro dedicado a recoñecer o seu valioso labor divulgativo e de dinamización social,
así como a homenaxear ás persoas que, coa súa participación, compromiso e entusiasmo,
fixeron posible a súa evolución e consolidación ao longo dos anos.

Unha ocasión especial para celebrar o coñecemento compartido,
a aprendizaxe ao longo da vida e a contribución desta comunidade á contorna universitaria e social.
A gala estará conducida polo artista Quico Cadaval, quen achegará a súa palabra,
humor e capacidade narrativa a esta celebración tan significativa.

DATA E LUGAR

26 de xuño, ás 11.30 horas
Edificio Redeiras
Rúa da Ribeira do Berbés, 11 
Vigo 

PRAZAS

50 prazas*

* As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición e confirmaranse por correo electrónico. No caso de que a demanda supere a oferta, xerarase unha lista de agarda ante posibles baixas.

 

--

Os datos deste formulario son recollidos e tratados pola Unidade de Cultura Científica que os utilizará para facer posible a emisión dos certificados solicitados.
Máis información sobre protección de datos e dereitos dixitais:

  • Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais
  • Información sobre protección de datos da Universidade de Vigo https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Datos de contacto
Unidade de Cultura Científica e da Innovación - UCC+i
ucc@uvigo.gal
986130263