Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Envio de número conta bancaria para devolucións Títulos Propios - Curso 2025/2026
En aplicación da Resolución Reitoral pola que se aproban as Normas Económicas derivadas da Xestión Académica dos Títulos Propios no curso académico 2025/2026, debe cubrirse o formulario en liña, aportando a documentación que corresponda.
Para tramitar calquera devolución de prezos públicos é obrigatorio facilitar un número de conta bancaria. A normativa establece especificamente que o estudante debe ser, de xeito obrigatorio, o titular da conta indicada na súa solicitude.
A devolución efectuase no prazo de 3 meses desde o momento no que se realicen os cambios, sempre que os importes aboados consten como confirmados polas entidades bancarias e unha vez finalizado o prazo de posibles rexeitamentos.
De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. En calquera momento poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposicion e cancelación mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Datos de contacto
Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao (Formación Permanente)
negociado.formacionpermanente@uvigo.gal
986 130302