Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
2ª diagnose sobre acoso sexual e acoso por razón de sexo na UVigo
O cuestionario é confidencial. Para que os resultados sexan útiles para coñecer o que sucede na universidade, é importante que respondas con sinceridade en función da túa propia experiencia sobre este tema.
Para comezar imos definir o acoso sexual e o acoso por razón de sexo. Antes de responder, por favor le atentamente estas definicións, xa que é habitual que exista certa confusión sobre o significado de cada un destes conceptos.
O acoso sexual1 inclúe calquera comportamento, verbal ou físico, de natureza sexual que teña o propósito de atentar ou atente contra a dignidade dunha persoa, en particular, cando se crea unha contorna degradante ou ofensiva.
O acoso por razón de sexo1 inclúe calquera comportamento realizado en función do sexo dunha persoa, co propósito ou o efecto de atentar contra a súa dignidade e de crear unha contorna degradante ou ofensiva. Os comportamentos discriminatorios poden estar relacionados co feito de ser muller, ou de ser home, ou con circunstancias biolóxicas, como o embarazo, a maternidade e a lactación. Estas discriminacións tamén están vinculadas ás funcións de coidado que, debido á discriminación social, se consideran propias das mulleres. Neste contexto, o acoso por razón de sexo tamén pode afectar os homes cando realizan tarefas ou actividades tradicionalmente atribuídas ás mulleres.
Datos de contacto
Unidade de Igualdade
igualdade@uvigo.gal
986813419