Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
DOCUMENTACIÓN CONTRATOS PDI
Nos pasos seguintes poderá vostede achegar ao Servizo de PDI a documentación para a formalización do seu contrato laboral como PDI da Universidade de Vigo, así como a documentación esixible para iniciar un procedemento de compatibilidade en caso de estar a prestar outros servizos ou a desenvolver actividades simultáneamente co contrato na UVigo.
A documentación que debe aportar é a seguinte:
DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR O CONTRATO
Se se trata do seu primeiro contrato coa UVigo:
- Certificado oficial ou informe médico
- Certificado da Vida Laboral
- Datos bancarios completos selados polo banco (co código IBAN)
- Anexo I (Para o caso de persoas que NON compatibilizan este contrato con outra actividade laboral ou profesional.) Modelo
Se xa tivo contratos coa UVigo anteriormente:
- Certificado da Vida Laboral
- Anexo I (Para o caso de persoas que NON compatibilizan este contrato con outra actividade laboral ou profesional.) Modelo
- Certificado oficial ou informe médico (só se perdeu vinculación coa UVigo durante 6 meses ou máis)
Se compatibilizarán o seu contrato na UVigo con outra actividade laboral ou profesional, deberán ademáis achegar a documentación que se indica no seguinte apartado.
DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR A COMPATIBILIDADE
En todos os casos debe presentar:
(pode descargar os modelos destes documentos na web da UVigo.)
Ademáis da documentación anterior, se se trata dunha compatibilidade como traballador/a por conta allea nunha empresa privada deberá achegar:
- Certificado da empresa no que consten a actividade que realiza nela, así como a xornada e horarios.
-
Certificación na que conste se o capital da empresa está participado, directa ou indirectamente, por calquera Administración Pública e, de ser así, en que porcentaxe.
-
Certificación na que conste se a empresa percibe subvención ou similar, por calquera Administración Pública e, de ser así, en que porcentaxe.
En caso de ser empregado/a público/a poderá dirixir a súa solicitude á UVigo ou á outra administración na que presta servizos. Se a dirixe á outra administración teña en conta que deberá presentar na UVigo, a efectos informativos, copia da devandita solicitude.
Dispón de máis información sobre compatibilidades na web da UVigo.
Datos de contacto
SERVIZO DE PDI
consultapdi@uvigo.es
818739