Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

INTERESE NO PROGRAMA EMAU (EMprego e vida AUtonoma) da UVIGO

INTERESE EN COÑECER OU RECIBIR MAIS INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA EMAU

A Universidade de Vigo, a través do programa EMAU (Estudos Universitarios para Mozas/os con Discapacidade Intelectual, do Desenvolvemento e/ou do Espectro Autista), abre unha nova convocatoria para o curso 2025-2026 dentro do marco do Programa UNIDIVERSIDAD da Fundación ONCE.

Esta formación está deseñada para mozas e mozos menores de 30 anos, con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/ou TEA, que estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que busquen mellorar a súa empregabilidade e formación.

-Duración: outubro a xuño
-Horario: de 9:30 a 13:30
-No campus da UVigo (Vigo, Campus Lagoas-Marcosende / Ourense, Campus As Lagoas)
-Inclúe prácticas en empresas!

Se estás interesado/a ou representas unha entidade, familia ou asociación que queira coñecer máis ou recibir información, podes cubrir este formulario de interese. Servirá como punto de contacto previo á apertura oficial da preinscrición.



Datos de contacto
POSGRAO E FORMACIÓN PERMANENTE
unidiversidade@uvigo.gal
986818710