Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
MEGAU 2025- Universidade de Vigo - Formulario para os centros educativos
Prazo para inscrición: para participar no evento, cómpre rexistrarse a través do seguinte formulario antes das 14.00 h. do día17 de xuño.
INFORMACIÓN PARA OS/AS RESPONSABLES DOS CENTROS
Desde as 16.00 e ata as 17.30 h, o pavillón estará aberto para que o estudantado homenaxeado e os centros poidan recoller as súas acreditacións e diplomas. Durante ese tempo, , haberá un photocall á disposición das persoas asistentes que desexen ser retratadas polo noso equipo profesional. A partir das 17.30 h pecharanse as portas e non se poderá acceder ao recinto.
Ás 18.00 h comezará o acto de entrega de recoñecementos. O/A estudante premiado e unha persoa representante do seu centro terán asentos reservados na pista para subir ao escenario e recibir o recoñecemento polo seu éxito académico.
No pavillón, o acto poderase seguir en pantallas xigantes e realizarase unha ampla reportaxe fotográfica, dispoñible para descargar o mesmo día do evento na web da MEGAU 2025. O acto tamén será retransmitido en directo a través da seguinte ligazón: (https://youtube.com/live/DaIwmlj2xO8?feature=share).
Agardamos contar coa túa presenza.
INFORMACIÓN SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais recollidos a través deste formulario serán tratados pola Universidade de Vigo coa finalidade de xestionar a participación no acto MEGAU 2025, de entrega de premios aos mellores expedientes de acceso á universidade.
Este acto, de carácter institucional e público, será gravado e poderá ser difundido a través das canles oficiais da Universidade de Vigo (páxina web, redes sociais, medios institucionais etc.), no exercicio da súa función pública e conforme o artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).
Cumprindo co deber de información do artigo 13 do RXPD, infórmase de que os datos e as imaxes serán tratados exclusivamente para os fins institucionais descritos, sen ánimo de lucro e durante o tempo necesario para tal finalidade.
As persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade a través do enderezo electrónico dpd@uvigo.gal.
Máis información: www.uvigo.gal/proteccion-datos
Datos de contacto
sección de extensión universitaria
megau@uvigo.gal
986 813 603