Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
SOLICITUDE DE CERTIFICADO DE REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS (Educación-Deporte, Campus Pontevedra)
Segundo a Orde ISM/386/2024, de 29 de abril, recoñeceranse como tempo cotizado as prácticas non remuneradas realizadas antes do 1 de xaneiro de 2024 e as prácticas remuneradas realizadas antes do 1 de novembro de 2011.
Para recoñecer este tempo de prácticas, as persoas interesadas deberán solicitar a subscrición dun convenio especial coa Seguridade Social e acreditar a duración deses períodos de formación.
Polo tanto calquera persoa titulada pola UVigo que queira acollerse a este convenio necesitará unha certificación co detalle das prácticas realizadas.
Se vde foi estudante da UVigo e necesita unha certificación co detalle das prácticas realizadas, cubra este formulario e remitirémoslle o certificado por correo electrónico.
Lembre que se realizou distintas prácticas ao longo dos seus estudos debe indicar as súas características de forma independente (unha por formulario)
Datos de contacto
Área de Apoio a Centros e Departamentos - Pontevedra
xacdpo@uvigo.gal
986 801 695