Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Recollida de datos | Actividades de cultura científica 2024

Recollida de datos | Actividades de cultura científica 2024

Recollida de datos de actividades de cultura científica promovidas pola UVigo no ano 2024.

O prazo desta recollida remata o vindeiro 27 de xuño de 2025.

Por favor, encha un formulario por cada actividade organizada por vostede ou o seu grupo, escola etc.

(NON é necesario incluir as actividades organizadas pola UCC+I nas que vostede participou).

Por favor, encha todos os datos que se solicitan, aínda que algúns sexan aproximacións.

Se ten algunha dúbida, contacte con ucc@uvigo.gal ou no +34 986 130 263.

--

Información complementaria para cubrir o formulario

ACTIVIDADES RECOLLIDAS NESTE REXISTRO

Actividades de divulgación ou cultura científica. É dicir, aquelas actividades que buscan contar o coñecemento científico á sociedade, a un público non especialista e que adoitan celebrarse en contextos ou ambientes informais, moitas veces con formatos atractivos e que son accesibles, isto é, que se desenvolven cunha linguaxe común e non especializada. O feito de que unha actividade sexa aberta (con acceso a quen queira) non implica que sexa accesible para público xeral. 

Exemplos: Si se consideran actividades de divulgación accións como xornada de portas abertas, charlas ou conferencias para xente nova que buscan novas vocacións, charlas ou conferencias dirixidas a público xeral en contextos informais, tales como bares, bibliotecas, locais veciñais, instalacións municipais, na rúa...; charlas nas que se conta que significa ser científico/a, o día a día na investigación; creación de material divulgativo, como folletos, vídeos, podcast, documentais... que se dirixan a público xeral e non a outros investigadores ou empresas especializadas do sector; obradoiros de tipo manipulativo para público infantil e/ou xeral, etc.

ACTIVIDADES NON RECOLLIDAS NESTE REXISTRO
 
As actividades dirixida a público especializado, como outros científicos ou investigadores da propia ou outras especialidades ou empresas e empresarios de sectores relacionados coa propia actividade, administracións públicas, etc. Estas actividades non son consideradas de divulgación senón de difusión (o que en inglés chaman dissemination) e aínda que ás veces poden coincidir, divulgación e difusión non son sinónimos.

Polo tanto, non recolleremos neste rexistro: notas de prensa ou entrevistas concedidas, os congresos, seminarios ou xornada dun tema concreto con charlas de especialistas sobre temas moi específicos (porque non está pensando para público xeral), os cursos de extensión universitaria, cursos de especialización, de formación, seminarios con doctorandos, etc. A maioría destas actividades xa son recollidas noutros rexistros, tales como SUXI e Docentia.

--

Os datos deste formulario son recollidos e tratados pola Unidade de Cultura Científica e a Unidade de Análises e Programas. O resultados do tratamento destes datos serán publicados no Portal de Transparencia e compartidos con diferentes institucións públicas que os solicitan.

Máis información sobre protección de datos e dereitos dixitais:

  • Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais
  • Información sobre protección de datos da Universidade de Vigo https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Datos de contacto
Unidade de Cultura Científica e da Innovación
ucc@uvigo.gal
986130263