Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
CAMPUS CAMP 2025 - Solicitude de Cambio de quenda
Teña en conta que:
Antes do comezo da quenda correspondente pode solicitar o cambio.
Motivos de cambio de quenda:
* Enfermidade, accidente ou outros motivos de saúde (debidamente documentados).
* Por cambio na situación laboral dalgún dos proxenitores (cambio de localidade de destino, cambio na quenda de traballo, situación de paro laboral).
* Admisión noutro campamento organizado pola Comunidade Autónoma, Deputación ou Concello (debidamente documentados).
Este formulario debe ser cuberto por cada un dos menores para os que solicita o cambio de quenda.
No campo "ficheiro" deste formulario, adxuntará nun único arquivo PDF a documentación xustificativa do pedimento (o nome do arquivo será o nome do menor).
Pasos a realizar pola persoa que solicitou a participación no campus camp:
- Cumprimentar este formulario, premer no botón "Imprimir PDF" para descargalo e asinar con certificado dixital.
- Presentar o formulario do apartado anterior a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/) premendo en “SXER - Instancia xenérica” no campo “Asunto” indicará cambio de quenda campus camp 2025 e que o destinatario é:
- Campus Ourense: Área de servizos á Comunidade
- Campus Vigo e Pontevedra: Servizo da Xestión de Extensión Universitaria
No caso de aceptación do cambio de quenda deberá solicitar a devolución dos prezos de inscrición, accedendo a plataforma de Campus Activo (utilizada para realizar a inscrición inicial).
INFORMACIÓN E CONSULTAS:
Campus de Ourense:
Área de servizos á comunidade
Teléfonos: 988 387102 / 988 387300
Correo electrónico: asc-ou@uvigo.es
Campus de Vigo e Pontevedra:
Sección de Extensión Universitaria
Teléfono: 986 813626
Correo electrónico: extension@uvigo.es
Datos de contacto
SECCIÓN DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA
extension@uvigo.es
986813626