Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Solicitude de devolución Título Propio 2024/2025
Debe encher este formulario aportando a documentación que acredite o dereito a devolución e subilo á sede electrónica da universidade a través de instancia xenérica.
Procede a devolución de prezos públicos no caso de:
1. A cancelación do título se tras o período de matrícula non se acadase o número mínimo de estudantes especificado na proposta.
2. non realización do curso debido a situacións extraordinarias
3. Modificación substancial do calendario de docencia do curso.
4. imposibilidade de asistencia do estudantado por enfermidade grave, maternidade, paternidade ou, no caso da modalidade de ensino presencial, por traslado de domicilio fóra da provincia na que se imparte o curso. As persoas solicitantes deberán xustificar adecuadamente estas situacións.
5. Aplicación de desconto con posterioridade ao pago de matrícula unha vez acreditado o dereito.
6. Anulación de matrícula
O prazo de presentación de solicitudes será
- No caso de modificación substancial do calendario de docencia no prazo de 10 días naturais desde a publicación da modificación.
- No caso de imposibilidade de asistencia será como data limite aos 10 días naturais desde inicio do feito causante, e en todo caso
- no prazo de 2 meses desde o fin do prazo de matrícula en estudos de mestrado e especialista,
- antes de impartida o 50% da docencia no resto dos estudos.
- No caso de aplicación do desconto, a solicitude presentarase antes do día de finalización do prazo de matrícula.
No caso de que o curso xa se iniciase, o importe a devolver será proporcional aos servizos académicos utilizados ata o momento da solicitude. O importe da devolución será transferido á conta bancaria indicada na solicitude da que sexa titular o/a estudante.
Nos casos 1 e 2 xunto coa devolución procederase á anulación de matrícula.
De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. En calquera momento poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposicion e cancelación mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Datos de contacto
Sección de Prezos Públicos
prezostitulospropios@uvigo.gal
986 130350