Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

CAMPUS CAMP 2024 - Solicitude de Cambio de quenda

Formulario para solicitar o cambio de quenda no campus camp do ano 2024

Teña en conta que:

Antes do comezo da quenda correspondente pode solicitar o cambio.

Motivos de cambio de quenda:

* Enfermidade, accidente ou outros motivos de saúde (debidamente documentados).

* Por cambio na situación laboral dalgún dos proxenitores (cambio de localidade de destino, cambio na quenda de traballo, situación de paro laboral).

* Admisión noutro campamento organizado pola Comunidade Autónoma, Deputación ou Concello (debidamente documentados).

Este formulario debe ser cuberto por cada un dos menores para os que solicita o cambio de quenda.

No campo "ficheiro" deste formulario, adxuntará nun único arquivo PDF a documentación xustificativa do pedimento (o nome do arquivo será o nome do menor).

Pasos a realizar pola persoa que solicitou a participación no campus camp:

  1. Cumprimentar este formulario, premer no botón "Imprimir PDF" para descargalo e asinar con certificado dixital.
  2. Presentar o formulario do apartado anterior  a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/) premendo en “SXER - Instancia xenérica” no campo “Asunto” indicará cambio de quenda campus camp 2024 e que o destinatario é:
    • Campus Ourense: Área de servizos á Comunidade
    • Campus Vigo e Pontevedra: Servizo da Xestión de Extensión Universitaria

No caso de aceptación do cambio de quenda deberá solicitar a devolución dos prezos de inscrición, accedendo a plataforma de Campus Activo (utilizada para realizar a  inscrición inicial).

INFORMACIÓN E CONSULTAS

Campus de Ourense:  

Área de servizos á comunidade

Teléfonos: 988 387102 / 988 387300

Correo electrónico: asc-ou@uvigo.es

Campus de Vigo e Pontevedra: 

Sección de Extensión Universitaria

Teléfono: 986 813626

Correo electrónico: extension@uvigo.es


Datos de contacto
SECCIÓN DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA
extension@uvigo.es
986813626