Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Inscrición Obradoiros EMPREGOinCAMPUS PONTEVEDRA

Obradoiros de Busca Activa de Emprego

Ao fin de axudar ao alumnado e persoas recén egresadas a preparar as súas candidaturas de cara a súa inserción no mercado laboral, dende a Área de Emprego e Emprendemento (AEE) xunto coa Vicerreitoría do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo poñemos a dispor da comunidade universitaria unha serie de 3 obradoiros- presenciais-podendo ir aos tres ou aos que consideres che poden ser de mais axuda.

6 de maio de 2024 "Preparo un cv exitoso e diferente"

  • Lugar: Campus Pontevedra (Facultade de Comunicación -aula por definir-)
  • Hora: 16:00 - 19:30
  • Docente: Reyes Fernández  (UVigo)

7 de maio de 2024 "Aprendo a crear o meu portfolio profesioal"

  • Lugar: Campus Pontevedra (Facultade de Belas Artes -aula por definir-)
  • Hora: 16:00 - 19:30
  • Andrea Espiña (Lachary Agencia Creativa)

8 de maio de 2024 "Melloro a miña imaxe nas rrss e afronto unha entrevista laboral"

  • Lugar: Campus Pontevedra (Facultade de Comunicación -aula por definir-)
  • Hora: 16:00 - 19:30
  • Docente: Belén Fernández (UVigo)

 13 de maio de 2024 "Taller e concurso de Upcycling textil"

  • Lugar: Campus Pontevedra (Facultade de Belas Artes -aula por definir-)
  • Hora: 16:00 - 19:30 (pendente de confirmar horário)
  • Docente: Nela Graun (Fundadora BySekond)

Para que se impartan os obradoiros ten que haber unha asistencia mínima de 20 persoas. 


Datos de contacto
AREA DE EMPREGO E EMPRENDEMENTO
feirasdeemprego@uvigo.gal
34986814037