Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Solicitude de espazos para eventos
A Universidade de Vigo convida a comunidade a reservar os espazos que precise nos edificios institucionais a través deste formulario. A xestión dos espazos nas facultades e nas escolas tramitarase directamente coa dirección ou co decanato do centro.
A utilización de espazos por parte de institucións, organizacións e persoas particulares alleos á Universidade de Vigo regularase conforme á Normativa de cesión de espazos aprobada polo Consello de Goberno do 19 de xuño de 2017.
Desde as rodaxes audiovisuais, a incorporación á axenda da nosa web con actos, congresos, conferencias ou eventos de calquera índole, como cursos específicos ou a presenza insitucional do equipo de goberno para aperturas, peches ou participación directa; serán xestionadas e aprobadas por esta vía.
Na seguinte ligazón atoparás información sobre os distintos espazos (capacidade, dispoñibilidade, horarios etc.).
Datos de contacto
viccom
viccom@uvigo.gal
647343377