Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
Traslado expediente ABAU 2023
Formulario de solicitud de traslado de expediente de ABAU (EVAU)
AVISO: Non procede que realice este trámite aquí se:
1.- Xa iniciou estudos universitarios con anterioridade. Neste caso debes dirixirte á área administrativa do teu centro universitario.
2.- Para as universidades de Santiago de Compostela e A Coruña NON É PRECISO solicitar este traslado
Procedemento de solicitude
PASO 1
Prema o botón CUBRIR FORMULARIO e encha todos os campos.
PASO 2
Para xerar o documento de pago debe entrar en https://matricula.uvigo.es e darse de alta na secretaría virtual como estudante da Universidade de Vigo.
- Unha vez rematada a alta, e sen sair da aplicación, pique no apartado "Autoliquidacións" (menú da esquerda-Apartado taxas-Nova liquidación).
- No caso de gratuidade por familia numerosa especial e/ou discapacidade non é preciso que xeres o documento de pagamento.
- Escolle a forma de pagar (tarxeta ou efectivo).
- No caso de efectivo, o programa xerará un PDF, con varias páxinas, que tes que imprimir e levar ao Banco indicado para facer o pago.
Aviso
Se estás aínda matriculado/a na Universidade de Vigo e solicitas este traslado para o mesmo curso, debes pedir a anulación de matrícula na Uvigo. De non facelo terás que aboar o importe da matrícula. Ten en conta que a débeda non prescribe, figurarás como moroso/a da UVIGO.
Datos de contacto
SIE- SECCION DE INFORMACION A ESTUDANTES
sie@uvigo.gal
986813630