Secretaría Uvigo

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O VIGO RUGBY CLUB E A UNIVERSIDADE DE VIGO PARA A PROMOCIÓN DA PRÁCTICA DEPORTIVA DO RUGBY

ObxectoA Universidade de Vigo contempla nos seus Estatutos como unha das súas misións fundamentais “erixirse en promotora do fomento da cultura entre a comunidade universitaria e no conxunto da sociedade para a consecución dunha formación integral das persoas a través dun proceso de educación permanente”. Dentro desta formación integral adquire cada vez mais relevancia o fomento do deporte. Para impulsar este obxectivo, a Universidade considera conveniente colaborar con outras entidades e así xerar sinerxías e maximizar as oportunidades existentes.

Dende a súa orixe, a Universidade de Vigo ven impulsando da man do Vigo Rugby Club a práctica do rugby por parte da comunidade universitaria e a poboación da contorna tanto a través da participación en competicións oficiais de ámbito autonómico, nacional e internacional como a nivel de iniciación desta modalidade deportiva.
Entidades / Empresas VIGO RUGBY CLUB
Promotor da UniversidadeVicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Representante da UniversidadeManuel Joaquín Reigosa Roger
Representantes das Entidades / Empresas
Tipo de convenioConvenio de colaboración
Estado do convenioFirmado
Data de firma de convenio24/07/2020
Data de fin de convenio31/08/2024
DotaciónSi
Importe
Documentos
Atrás