Novidades
Non modificar en MooVi as materias dos cursos 2020/21 e 2021/22
Para mellorar a experiencia de usuario no tocante a Moovi procederase eliminar as materias correspondentes ás titulacións oficiais dos cursos 2020/21 e 2021/2022.
O 27 de outubro realizouse unha copia exacta do campus virtual coas materias dos cursos 2020/21 e 2021/22 e trasladáronse a unha nova máquina sobre a que informaremos en breve. É moi importante que non fagas cambios en ningunha materia dos cursos 2020/21 e 2021/22, xa que estes cambios non aparecerán reflexados na copia do novo entorno.
Nos próximos días indicaranse os pasos para poder acceder ás materias destes cursos anteriores.