Secretaría Uvigo

Novidades

14
Xul
2021
Apertura curso 2021/2022 en MooVi para o profesorado

Xa está listo en MooVi o curso académico 2021/2022. Nun primeiro momento danse de alta as materias oficiais de grao e máster co profesorado en POD, e o alumnado darase de alta a partir do mes de agosto.


Ao igual que o curso pasado, estas materias creáronse de forma que estean ocultas para os estudantes (ver FAQ: Como facer visible a materia ao estudantado).
Para importar os contidos do curso anterior, débese empregar a opción "Importar" desde o menú de administración do novo curso (ver FAQ: Como importar os contidos dunha materia en MooVi para outra?).

Ao acceder a MooVi, fixádevos ben na materia á cal estades entrando, no nome curto figura o curso académico ao que pertence.

Como procedemento de fin de curso nos vosos espazos de 2020/2021 recomendamos:

  1. Realizar unha copia de seguridade do voso curso e gardala no voso PC. Ao longo do ano 2022 estes datos iranse eliminando de MooVi.
  2. Borrar todos os arquivos que teñades do curso 20/21 que xa non precisedes (por exemplo, os arquivos de copias de seguridade unha vez descargados).

Calquera problema ou consulta, non dubidedes en pórvos en contacto con soporte.moovi@uvigo.gal

Atrás