Secretaría Uvigo

Como pode o profesorado subir vídeos a Faitic?

Debido á situación actual da docencia non presencial, moito profesorado está preguntando como subir vídeos coas clases gravadas a Faitic.

Faitic non está preparado para ser un repositorio de vídeos, polo que, para asegurar un mellor funcionamento da plataforma, recomendámosche:

  1. Abrir unha canle en Youtube (ou vimeo, dailymotion etc.) e pór a disposición do estudantado un vídeo gravado previamente. Pódese por en modo oculto e compartir a ligazón a través da aula virtual de Faitic. Na configuración predeterminada de Youtube, existe a posibilidade de subir vídeos de ata 15 minutos e se a túa conta está verificada, podes subir vídeos máis longos. O tamaño máximo dos ficheiros que Youtube permite que subas é de 128 GB ou de 12 horas, o que sexa menor. Tes máis información na páxina "Como subir vídeos de máis de 15 minutos a Youtube". Tes dispoñibles os seguintes videotitoriais que che amosan como facelo:
    1. Como abrir unha canle en Youtube
    2. Como subir un vídeo a Youtube
    3. Como subir un vídeo a FaiTIC
  2. Aproveitar os servizos de Office 365 que tes dispoñibles coa túa conta persoal de UVigo, subir os vídeos a OneDrive e compartir a ligazón a través da aula virtual de Faitic (OneDrive dache ata 1 TB de almacenamento). Podes consultar a documentación de como acceder á túa conta de One Drive corporativa.
  3. Agardar a que estea dispoñible o repositorio de vídeos complementario a Campus Remoto que se está a preparar.

Atrás