Como podo voltar darlle acceso ao alumnado a unha materia do curso pasado?
As materias do curso pasado están ocultas para o alumnado a partir de outubro.
O profesorado seguirá tendo acceso pero desaparecen do menú da esquerda e pasan no taboleiro a cursos pasados.
En caso de que o profesorado precise voltar habilitar o acceso ao alumnado a unha materia do curso pasado, debe ir a editar os "axustes" do curso e modificar a visibilidade (escoller no despregable "Amosar") e desactivar o cadro da data de remate do curso. Para rematar preme no botón "Gardar e presentar" ao final da páxina.
Para calquera dúbida ou consulta podes contactar connosco no correo soporte.moovi@uvigo.gal