Secretaría Uvigo

Como podo darlle acceso ao estudantado á miña materia en Faitic?

Por defecto, nas materias oficiais o estudantado matriculado aparece rexistrado en Faitic, polo que non é preciso engadilo. Non obstante, como docente podes dar de alta manualmente estudantes na túa materia. O máis doado é que te loguees en Faitic, vaias á ligazón MATERIAS, localices a materia na que queres inscribilo/a e premas na opción "Inscrición de alumnos/as". Preferiblemente, busca o/ estudante polo seu DNI (sen letra). Se está rexistrado/a en Faitic apareceranche os seus datos completos e un botón + en verde. Por último dálle a 'confirmar'.

Se o/a estudante non está rexistrado en Faitic, tes que solicitarlle ao servizo a súa inscrición a través da opción "solicitar alta alumno/a" do menú da esquerda.

Atrás